Sobre nós

ESMAR – Non á Violencia naceu en Ribadumia a finais de 2015, impulsada por un grupo de mulleres da comarca do Salnés unidas por unha convicción común: a violencia de xénero non pode seguir sendo un asunto privado. É un problema social que require respostas colectivas.

A nosa asociación está formada por mulleres diversas: algunhas coñecen en primeira persoa o que significa vivir unha situación de maltrato; outras chegaron desde o compromiso coa súa comunidade e o desexo de construír unha sociedade máis xusta e igualitaria. O que nos une a todas é a mesma forza: a solidariedade.

Desde os nosos inicios, o noso traballo vai máis aló da atención e o acompañamento á persoa que o necesita. Cremos nun modelo de intervención integral, que combina o apoio emocional co fomento das relacións sociais, o empoderamiento persoal e a sensibilización do contorno. Porque recuperar a vida propia tamén significa recuperar a alegría, as amizades e os espazos compartidos.

Hoxe, máis de dez anos despois, seguimos aquí: aprendendo, crecendo e camiñando xuntas.