Benvida/o a ESMAR – Non á Violencia

Somos unha asociación sen ánimo de lucro con sede en Cambados, comprometida con todas as persoas que sofren ou sufriron violencia de xénero. O noso traballo baséase nun principio fundamental: ninguén debe afrontar esta situación en soidade.

Neste espazo encontrarás apoio, comprensión e acompañamento profesional e humano. Porque sabemos que dar o primeiro paso non é sinxelo, estamos aquí para camiñar contigo, ao teu ritmo e en todo momento.
Pero ESMAR é moito máis que un punto de apoio. É tamén un lugar de encontro, de vida e de compartir: organizamos actividades, charlas e iniciativas pensadas para que as persoas que forman parte da nosa comunidade disfruten, se relacionen e creen vínculos nunha contorna de confianza e respecto.
Nesta páxina encontrarás:

  • Información sobre a nosa asociación e os nosos servizos
  • Datos de contacto e un formulario para que nos poñamos en contacto contigo de forma totalmente confidencial
  • Actualización das nosas actividades e eventos próximos

Toda comunicación coa nosa asociación está protexida pola máis absoluta confidencialidade.
Se necesitas falar, aquí estamos. Se queres compartir, aquí estamos tamén.